top of page

Actividade 1: Como canta este retrato?

Esta exposición de cantantes líricas recolle intérpretes de distintas tesituras. Enténdese por tesitura a altura propia de cada voz -feminina e tamén masculina-, que pode ser máis aguda ou máis grave, segundo corresponda. As principais tesituras femininas, de agudo a grave son: soprano, mezzosoprano e contralto. E as principais tesituras masculinas, tamén de agudo a grave, son: contratenor, tenor, barítono e baixo.

Cantantes como Ofelia Nieto, María Luisa Nache ou Ángeles Ottein, son sopranos ou tiples: é o tipo de voz feminina máis aguda. O termo provén do italiano soprano que significa "superior" ou "soberano" e, este, á súa vez, provén do latín súper, supra, que significa "sobre" ou "por encima de". Habitualmente leva a melodía principal. E a súa extensión abrangue desde o do4 ata o do6. Xeralmente representan papeis operísticos e zarzuelísticos de mulleres xoves, inocentes e boas (véxase, Susana, en As bodas de Fígaro de Mozart).

 

Inés Rivadeneira e Matilde Vázquez pódense considerar mezzosopranos, polos roles operísticos interpretados.

Mezzosoprano é a voz feminina media, situada entre as sopranos e as contraltos. O termo provén do italiano, mezzosoprano, que significa "medio-soprano" ou "casi-soprano". A súa extensión abrangue desde o la3 ao fa5. Habitualmente representan papeis operísticos e zarzuelísticos de mulleres máis maduras que simbolizan a voz da experiencia e da adultez ou mulleres duras que rompen os canons habituais (véxase, a protagonista Carmen, en Carmen de Bizet).

 

Polas críticas de prensa histórica, sabemos que as voces de Enriqueta Brandón e Rosario Salgado Pereira eran consideradas de contralto.  Contralto é a voz feminina máis grave. É un tipo de voz moi difícil de atopar pois só o 2% da poboación feminina é contralto de forma natural. É por isto que habitualmente os papeis de contraltos son interpretados por mezzosopranos que teñan un rico rexistro baixo. A extensión das contraltos abrangue do fa3 ao fa5: . Hai papeis de contralto moi famosos (véxase, Rosina, en O barbero de Sevilla de Rossini), pero son poucas as óperas escritas para papel protagonista de contralto.

 

Agora que sabes o que é a tesitura e as diferencias entre soprano, mezzosoprano e contralto, invitámoste a escoitar os nosos “retratos cantantes”. Están feitos con https://www.hedra.com/, unha tecnoloxía IA que permite asociar interpretacións históricas a retratos históricos, de tal xeito que emulan como cantarían as nosas cantantes líricas protagonistas.

Ángeles Ottein (Algete, Madrid, 1895 – Madrid, 1961) 

 Ah, non giunge - La sonnambula (s. XIX, estrea 6/03/1831).

Ópera de Vincenzo Bellini (1801-1835) con libreto Felice Romani (1788-1865) 

Interpretación de 1930 . 

Ofelia Nieto (Santiago de Compostela, 1898 – Madrid, 1931) 

Un adiós a Mariquiña, con letra de Manuel Curros Enríquez (1851-1908) e música de José Castro “Chané” (1856-1917) 

Interpretación de 1926 . 

Lola Rodríguez Aragón (Logroño, 1910 – Pamplona, 1984) 

Canto a Sevilla, Op. 37, VI. La Giralda, de Joaquín Turina (1882-1949)

Inés Rivadeneira (Lugo, 1928 – Madrid, 2020) 

Por el puente de abaixo - Zarzuela La chula de Pontevedra (estrea 27/01/1928, Teatro Apolo de Madrid), con música de Pablo Luna Carné (1879-1942) e Enrique Brú e libreto de Enrique Paradas e Joaquín Jiménez Martínez.

María Isaura Villaoz (A Estrada (Pontevedra), 1897 – Barcelona, 1982) "Mary Isaura" 

La tirana  - Zarzuela Doña Francisquita, con libreto de Federico Romero Sarachaga (1886-1976) e Guillermo Fernández-Shaw Iturralde (1893-1965) e música de Amadeo Vives (1871-1932) 

Interpretación de 1920. 

Matilde Vázquez (Cambados, Pontevedra, 1905 – Madrid, 1992) 

¡María Antonia! ¡Por favor! Dejadme  - Zarzuela La Caramba, con libreto de Luis Fernández Ardavín (1892-1962) e música de Federico Moreno Torroba (1891-1982) 

Interpretación de 1943. 

Mª Luisa Nache (A Coruña, 1924 – A Coruña, 1985) 

Aria O amore, vieni a me!, Acto I - Medea (s. XVIII, estrea 13/03/1797), ópera de Luigi Cherubini (1760-1842) e libreto de François-Benoît Hoffmann (1760-1828)

Ángeles Gulín (Ribadavia, Ourense, 1939 – Madrid, 2002) 

Aria Ecco l’orrido campo, Acto II  - Un ballo in maschera (s. XIX, estrea 17/02/1859), ópera de Giuseppe Verdi (1813-1901) con libreto de Eugène Scribe (1791-1861) 

Interpretación en Covent Garden, Londres, Reino Unido

Josefina Cubeiro (A Coruña, 1944 – Córdoba, 2023) 

Marinela, Marinela  - Zarzuela La canción del olvido (estrea 17/11/1916, Teatro de la Zarzuela de Madrid), con música de José Calixto Serrano Simeón (1873-1941) e con libreto de Federico Romero Sarachaga (1886-1976) e Guillermo Fernández-Shaw Iturralde (1893-1965) 

Interpretación de 1968.

bottom of page