top of page

Actividade 9: Postais líricas de onte e de hoxe.

Deixa voar a túa imaxinación con nós! Invitámoste a explotar a túa creatividade e o teu pensamento crítico creando postais actuais, únicas e novidosas destas cantantes líricas galegas relacionadas co tema que ti queiras polo que sintas inquietude (xénero, ecoloxismo, educación, comunicación, tecnoloxía, artes...). 

Deste xeito, unirás pasado e presente nunha imaxe histórica para alumear sobre a túa inquedanza. Como faísca, a túa creación escintilará na rede como partícula incandescente producida polo choque entre corpos. Será unha postal lírica de onte e de hoxe. 

O propósito desta intervención artística é prender a reflexión cultural a través da música e das artes, ao mesmo tempo que outorgamos visibilidade a estas cantantes líricas galegas merecidamente recuperadas. 

Ao final desta páxina poderás atopar unha selección de bustos e retratos. Escolle o que máis che guste e descárgao no teu móbil ou ordenador. Logo personalízao con trazos característicos do tema elixido mediante a ferramenta de edición de imaxe que prefiras. Por último, comparte con nós o teu en Instagram co hashtag #cantanteslíricasgalegas e etiquetarnos como @liricagalega. E non esquezas engadir unhas liñas explicativas do teu propósito ca túa imaxe transformada: sobre que nos estás a invitar a reflexionar? 

 

Para facelo, podes imprimir unha imaxe, modificala manualmente e subir a redes unha fotografía do resultado. Outra opción, é manipulala valéndote das novas tecnoloxías, empregando calquera editor de imaxe do teu agrado (Paint, GIMP, IfanView, Canva, Adobe Express...). E tamén podes facer uso das IAs xerativas de imaxe, como DataChef, Lunapic, TwoWay.ai, Picsart, Dream, Starryai, Fotor, Artbreeder, NightCafe, Craiyon, Dall-e-2, Pixlr... 

 

Coma mostra, podes ver as nosas caracterizacións que desexamos sexan de inspiración.

Retratos

bottom of page