Actividade 11: Tannhäuser-Photocall
Para rematar este percorrido no mundo lírico, ¡invitámoste a participar no noso photocall!
Tannhäuser und der Sängerkrieg auf Wartburg (Tannhäuser e o torneo de canto de Wartburg) é unha ópera en tres actos, con música e libreto de Richar Wagner (1813-1883), baseada en dúas lendas alemás que tratan a loita polo amor sagrado e profano e a redención a través do amor.
O libreto foi escrito entre 1842 e 1834; a música composta entre 1843 e 1845. A estrea tivo lugar no Königlich Sächsisches Hoftheater de Dresde, o 19 de outubro de 1845, baixo a batuta do propio compositor. É unha gran obra mestra, de magnífica complexidade dramática, construída ao redor do concepto da “melodía infinita”.
Elixe con quen queres compartir esta experiencia. Logo, introducide o voso rostro nos figurinos dos protagonistas da ópera: Tannhäuser -un Minnesinger (trovador xermano), interpretado por tenor dramático- e Elisabeth -a sobriña do Landgrave, interpretada por unha soprano-. Que alguén vos tome a foto e compártea no teu Instagram co hashtag #cantantesliricasgalegas e etiquetándonos como @liricagalega