Actividade 10: Caracteriza á cantante
As IAs xerativas de imaxe son ferramentas de gran utilidade, con aplicabilidade en moi diferentes eidos (arte, publicidade, comercio...) e que permiten o desenvolvemento da creatividade sen límites. Dannos a posibilidade de xerar imaxes totalmente ficticias, modificar imaxes históricas ou cambiar imaxes en tempo real.
Prema na ligazón e deixa voar a túa imaxinación ca ferramenta de caracterización de personaxes que ofrece https://www.hedra.com/app/characters
Crea imaxes de personaxes operísticos, xa sexan totalmente ficticias ou mesmo empregando ¡o teu propioselfie! Por exemplo, Violetta da Traviatta de Verdi, Sussana de As vodas de Fígaro de Mozart, Tosca de Puccini, Doña Francisquita de Amadeo Vives...Tan só tes que informarte mínimamente sobre o personaxe operístico que elixas: quen é o personaxe? Que o caracteriza: a súa idade, a súa ropa, algún obxecto que porta...? En que contexto se move o personaxe: unha feria andaluza, un salón de palacio, un castelo medieval, un bosque na noite, un convento...?
Podes inspirarte nos personaxes interpretados polas cantantes líricas galegas da exposición.E, a continuación, darlle as pautas adecuadas a IA para xerar o prompt correcto.
Segue estes consellos básicos:
- Separa as frases por comas.
- Primeiro escribe o estilo de imaxe (foto a color, en branco e negro, sepia).
- Describe o personaxe (nena nova cantando, muller de mediana idade chorando...; ataviada cun ramo de flores na man ou cunha daga...; vestida en cores vermella e verde...).
- Describe a posición da cámara (retrato frontal, retrato panorámico, retrato de terzo superior...).
- Describe o fondo (un bosque de noite, un salón de palacio, o escenario dun teatro con cortina vermella...).
- Describe a iluminación (luz cálida, luz fría, noite...).
Comparte con nós a túa creación no teu Instagram co hashtag #cantanteslíricasgalegas e etiquetándonos como @liricagalega. E podes engadir unha breve descrición do que quixeches representar para que non perdamos detalle.